Vigo
Carme11€/h
O meu nome é Carme e son graduada en Educación Primaria dende o ano 2017, polo que estiven 3 meses nun colexio dando clase. Ademais levo traballando dende o 2013 coma monitora de ocio e tempo libre coa titulación de técnica de Animación Sociocultural, polo que teño experiencia con nenas e nenos dende fai 6 anos en diferentes ámbitos (campamentos, obradoiros de igualdade de xénero, actividades culturais e deportivas, etc.). Tamén levo un ano sendo adestradora de fútbol gaélico de 7 a 14 anos.
Principalmente están dirixidas a nenas e nenos de Educación Primaria, pero tamén podería ser para os primeiros cursos da ESO. En canto ás clases, a miña metodoloxía é activa e participativa dando protagonismo ás nenas e nenos para que constrúan a súa aprendizaxe, apoiando e guiando en todo momento este proceso. Por outra banda, as sesións serán totalmente individualizadas xa que basearanse nas necesidades específicas e nas características de cada nena ou neno. Entendo a docencia coma guía da aprendizaxe para que esta poida ser significativa. As clases poderanse dar en galego ou en castelán coma prefirades.
Calquera pregunta, non dubidedes en contactar!
El Covid-19 no nos impedirá seguir aprendiendo, la educación no para!!
Ya que por medidas adoptadas desde el gobierno no está permitido asistir a los centros educativos, ni academias, si queréis continuar vuestro proceso educativo se realizarán clases amenas y dinámi...
Ver anuncio completoContactar sin compromiso
Clases particulares a domicilio
y los profesores contactarán contigo
Enlaces que te pueden interesar